Todos os mundos que soñamos poden facerse realidade. Os países das fadas tamén son temibles. Mentres eu ando lonxe da vista, le e lévame xunto a ti... (Salman Rushdie)

1 feb. 2013

Ao principio, foi Malpica

Cando chegou a esta terra, Ismaíl refuxiouse nun colexio de Malpica, un pobo do húmido país de Bergantiños. É difícil lembrar o que ocorreu a primeira vez que entrou na escola, e os primeiros nenos e nenas que o viron xa son moi maiores. Ademais, para poder contar os motivos da súa chegada, houbo que recoller antes un montón de historias, e durante moito tempo.

O certo foi que apareceu en solitario, que mirou para nós case en silencio, e que decidiu quedar alí, nunha pequena aula fronte ao mar. Pero co paso das semanas, dos meses e dos anos, a súa forza chegou a ser tan efectiva que se integrou sen problemas nos distintos ambientes que coñeceu. Como se fora un amigo de sempre, ou como se fose un heroe diminuto que regresaba a casa.

Ismaíl sabe, porque xa o dixen, que o seu nome chegou incluso ata bibliotecas afastadas. A pesar diso, que agradece, tamén é consciente da sombra do tempo que está aí fóra. Esa sombra que, segundo pasa a vida, rexeita os mundos imaxinarios e aprisiona os sentimentos e os soños.

Por esa razón escribo todo isto, para contar as súas historias…

6 comentarios:

  1. Ismaíl ensinounos a crer no que pensabamos.

    Antes, coa maxia e os contos, co caldeiro máxico e os cómics, coas novas no corcho (a "notiscola"), coas ganas de ler e aprender... Creamos historias, e crecimos nunha maxia real, o amor cara a literatura, cara os compañeiros e cara un maestro que foi mais ca iso, foi e é un referente.

    Crecimos sí.
    Pero somos conscientes que iso que nos ensinou a ser nos mesmos, a loitar polos nosos soños, a facer realidade o que pensamos era só maxia... Foi aquel Trasno que nos eclipsaba e nos eclipsa a día de hoxe.

    Ismaíl sempre reflexa un sorriso a todos os que o coñecimos. Pensabamos que superabamos exames por tocarlle o cinto máxico, sen darnos conta do que nos ensinou.

    E seguro que todos tendes recordos bos con el e con Mario...
    O único mestre que se puxo a xogar a futbol nun recreo con nos, os nenos.

    Sintoo Mario, podería escribir mil ou cen mil liñas de tantas cousas... Co mellor dos sorrisos, o recordo da Felicidade duns meniños amigos e de Malpica.

    @anasu_ inda garda ese recuncho de maxia...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ana, despois de ler eas bonitas palabras túas, só espero que non defraudase naquel partido de fútbol... :-) E creo que Ismaíl aínda está a restregar os seus ollos, porque dun tempo a esta parte sempre lle cae algunha bágoa cando se emociona.
      Unha aperta, Ana...

      Eliminar
    2. Non vos perdo de vista...
      Seguimos en contacto!
      Apertas para ti e para Ismaíl.

      Eliminar
    3. Ana, ademais de ser unha das primeiras que coñeceu a Ismaíl, es unha seguidora estupenda. Con amigas así, é un gusto andar estes camiños... :-)

      Eliminar
  2. Brais Ramos Pérez10 de febrero de 2013, 0:57

    Eu tamén creo que Ismaíl se integrou moi ben no noso colexio porque tuvo e ten uns grandes alumnos coma nós.
    Tamén lle axudamos a que lle guste estar no Burgo con monedas para o seu tesouro e regalos. Por certo, grazas pola moneda do outro día!
    Un saúdo e felices carnavales.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Brais, con vós recuperou unha parte da súa maxia e gañou moitas cousas. Por exemplo, unha marabillosa táboa de surf, de parte da familia de Sandra; e unha incrible casa, de parte da familia de Sara... :-)

      Eliminar